16 may 2012

Revista nº8 "As Nosas Cousas"

Co gallo do Dia das Letras Galegas era tradición do colexio obsequiar ás familias cun exemplar da revista “As Nosas Cousas”. Queremos informarvos que este ano non será posible levar a cabo unha nova edición impresa por non recibir a axuda económica correspondente. Grazas ao esforzo e ilusión do Alumnado, do Profesorado e da Anpa traballamos arreo para sacar adiante a revista nº8 das Nosas Cousas en versión dixital.

14 may 2012

A Chegada de Elmo!

Elmo chegou ao noso colexio. Convidounos a galletas de parte de Triqui... e trouxonos uns debuxos e o libro de receitas da clase.

O Esqueleto Pepe

Traballamos o Corpo Humano!

O Dinosauro Rex

Ola familias!
A pícara Candela Magdalena deleitounos facéndonos partícipes desta xoia.
Grazas Candela!

6 mar 2012

Arte

Prezadas familias:
A Fundación Barrié desenvolve un programa de espectáculos internacionais especialmente pensado para iniciar aos máis cativos da casa no mundo do teatro, a música e a danza.
Aínda que a entrada é gratuita o aforo é limitado

Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Prezadas familias:
Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición
Salón do Libro Infantil e Xuvenil।

Premendo na imaxe podedes aceder a toda a información e ao calendario de actividades destes dias.
Saúdos.

26 feb 2012

Cumpleanos Yaiza

Outra pícara que ten 5 anos.
Parabéns Yaiza! ...e moitos bicos!

15 feb 2012


Ola familias! Envio esta mensaxe da Libraría Peles Guedellas por si é do voso interese.
Saúdos

SÁBADO DE ENTROIDO EN PELES GUEDELLAS: DE DISFRACES E CONTOS

"Comeza Entroido 2012 e na nosa librería estamos xa preparadas para os festexos Que necesitamos? Nada especial, só a libraría chea de nen@s cos seus disfraces e moita alegría, porque as sorpresas que se nos pasaron pola cabeza xa estarán alí.

Empezamos ás 18.30h. Haberá contos de principio a fin, disfraces e moitas máis cousas. Podíamos revelar máis detalles, pero temos a certeza de que confiades en nós, a que si?"



Dirección
Dr. Cadaval 21, 36202 Vigo
Teléfono
886131539

Paseniño pola lingua!

Parabéns pícar@s! Que lindo o voso paseo pola lingua galega! Toda unha ledicia.
Bicos

Cumpleanos Mara

Ola, Ola! Xa temos a primeira pícara que entra no clube dos 5 anos.
Parabéns Mara! Que pinta ten a tarta de chocolate! ñam, ñam...

30 ene 2012

contos -cantos de Bardo Abelardo

Proxecto "A auga"

Os pícar@s estiveron traballando o Ciclo da auga. Grazas familias pola vosa colaboración.
Saúdos

16 ene 2012

O último pícaro que faltaba para ingresar no clube dos 4 anos.
Parabéns Gael e moitos bicos!