12 sept 2010

entrevista picariños grupo salmón

O Venres 10 chegaron máis picariños e as súas familias para coñecer a clase.
Estes picariños chegaron tímidos e con pouquiñas gañas de falar.
Marcos chegou coa súa familia e descubrín que lle gustan os peluches e os coches.
O picariño Gael, todo risoño, tivo un pequeno contratempo e tivo que marchar sen facer a foto, mais díxome que lle encantan os dinosaurios.
O picariño Samuel explicoume que polas mañás colle unha capa e unha gravata e gústalle disfrazarse de paiaso e facer rir a súa nai.
Tamén chegou toda guapa e elegante a picariña Carmen que estivo xogando cos xoguetes da clase.
Saúdos picariños.




1 comentario:

  1. Gracias por enseñarnos algunos de los momentos tan bonitos que pasan los niños en sus primeros días de cole.
    Un saludo
    Natalia

    ResponderEliminar