19 sept 2010

Xa están todos os pícaros e pícaras!

Este venres xa estaban todos os pícaros e pícaras xuntos no colexio!
Paseniñamente imos coñecéndonos e adaptándonos ao colexio.
Esta semana do luns 20 ao venres 24 de setembro continuaremos co horario de 9 a 12h.
Parabéns a aquelas familias que se animaron a apuntarse no apartado da dereita-abaixo, no apartado de seguidores, e fabuloso os que deixachedes algunha mensaxe no apartado de comentarios (debaixo de cada noticia que publico). Lembrar que unha vez facedes o comentario non se publica directamente; primeiro me chega ao meu correo e despois, cando é lido o publico na rede.
Ánimo, experimentar e deixar as vosas opinións no blog. Non teñades medo a equivocarvos...Adiante!

1 comentario:

  1. Hola profe,sería interesante ter impresa esa portada do xornal.Un bo recordo do curso dos Picar@s!!!Còmo será a foto da universidade??jajaja.Bikos pícar@s.

    ResponderEliminar