24 feb 2011

As Tartarugas-Proxecto dos animais

Hoxe chegaron todos moi ilusionados e ledos. Todos querían ensinar o que trouxeron sobre

"As tartarugas"

Mais hoxe, tiveron que esperar un pouquiño para poder ver as fotos, os contos, os murais... xa que primeiro fixemos unha pequena chuvia de ideas.

- Que sabedes das tartarugas?
-foi a miña pregunta.

E el@s tan simpáticos mirade que dixeron:


Teñen lunares (SABELA)

Si, si, no caparazón teñen lunares (MATEO)

Teñen catro patas (MARA)

Detrás teñen unha casa (MARTÍN G)

Non, teñen tres patas (CANDELA M)

Si, eu creo que teñen tres patas (YAIZA)

Son lentas (LEIRE)

Teñen unha cabeza moi grande (ITZIAR)

Teñen catro patas (EREA)

A tartaruga pode meter a cabeza no caparazón (MARA)

Nadan (EREA)

Viven na auga (GUILLE)

Nacen dun ovo (MARA)

Teñen ollos e pupila (ITZIAR)

Nadan por debaixo da auga (NAOMI)

Algunhas si e algunhas non; son de terra e outras de auga como a de Nemo (MARA)

Teñen unha boca (LUCAS)

Teñen atrás un corpo (ADA)

O corpo está atrás, dentro do caparazón. E tamén teñen ollos (NEREA P)

Despois, estivemos mirando a documentación e resolvimos algunhas dúbidas sobre si tres ou catro patas...!

Foi unha sesión moi enriquecedora para tod@s e sobretodo para a Profe!

Como están tan emocionados e con gañas de saber máis cousas estaremos varios dias investigando sobre elas.

Saúdos familias.

1 comentario:

  1. hola,é increible a cantidade de información que poden gardar estes pekechos na súa cabeciña,fomentar e despertarlles interese polo que lles rodea e estupendo!!!moi ben picariñ@ssssssssssssssssssssssssssssss!!!!!!!!

    ResponderEliminar