23 feb 2011

Galos e Galiñas-Material d@s pícaros

Hoxe estivemos traballando os galos e as galiñas.

Aprendemos moitas cousas:

Non son mamíferos.

Son aves e nacen nun ovo.

Teñen plumas e pico.

Empezan coa letra G. (Como Gael e Guillermo)

Gústalles comer herba e insectos.

Miramos contos de galos e galiñas.

Mara explicou unhas adiviñanzas.

Tocamos uns ovos que trouxo Ada.

Martín A trouxo unhas planeillas para facer un traballo de plástica.

Outros picariños trouxeron murais, fotos, contos…

§


No hay comentarios:

Publicar un comentario