21 feb 2011

OS LEÓNS-"O Entroido dos animais"

Hoxe Luns empezamos o noso proxecto sobre

"O Entroido dos animais" de Camile Saint-Saëns

"Había unha vez xa hai moitos anos, alá nunha lonxana selva, un reino de animais onde reinaba un vello león chamado Cocolotot. Era moi querido por todos.

-Que ven o Rei! Que ven o Rei! -berraban emocionados.

Cando el pasaba todos os animaliños facían miles de reverencia e o miraban con gran admiración porque o querían moito, moito, moito. Mais se acercaba o día do seu cumpreanos e os animais da selva queríanlle facer un agasallo que fose moi especial para el. Así que decidiron reunirse todos cerca do estanque para que así puideran participar tamén os animais mariños en tan difícil decisión. E así os animais de terra, mar e ar puxéronse a pensar e a pensar no Rei Cocolot e no agasallo que fose moi especial para el.

E pensaron, e pensaron e pensaron... mentres o Rei vivía sen saber nada de nada..."



1 comentario:

  1. Encántame a música,e como non a clásica,e gústame máis ainda que os picariñ@s comencen a apreciala,aqueles que ainda non a escoitaron.Moi bo gusto profe Montse,noraboa!!!!Será un entroido de animais estupendo!!

    ResponderEliminar