31 mar. 2011

OS CANGUROS-"O Entroido dos animais" Camile Saint-Saëns

Continuamos co conto do "O Entroido dos animais" (estes pícariños/as teñen curiosidade por saber o final!)

...De súpeto varios canguros foron dando saltiños ata o centro onde todavía se atopaban as tartarugas e os elefantes.
- Di, sí mais , que?- preguntaron desconsolados.
- Pensamos e pensamos mais non se nos ocurre nada- dixo outro canguro máis pequeno sacando a súa cabeciña da bolsiña da barriga da súa mamá onde estaba agochado.
E seguiron dando saltiños ao redor das tartarugas e dos elefantes mentres o resto dos animais os miraba.
Cada vez estaban máis tristes. Todos estaban dacordo en que tiñan que facerlle un agasallo especial ao seu Rei mais tiña que ser tan especial que ninguén sabía que. E seguiron pensando e pensando...




...

No hay comentarios:

Publicar un comentario