9 sept 2011

AVISO IMPORTANTE

Ola familias! Comezamos o curso escolar e con el chegan novas ilusións, novas emocións, novos proxectos…

A clase xa está preparada para recibir a estes pícar@s que de ben seguro medraron perante o verán ,mais temos un contratempo no inicio escolar.

Ao final do verán tiven que pasar outra vez polo quirófano por un problema de tiroides. Todo foi estupendamente mais teño unha pequena afonía que me terá afastada durante uns días.

O luns 12 estarei ao principio da mañá para darlle a benvida aos vosos fill@s e explicarlles o motivo da miña ausencia.

Saúdos cordiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario