2 sept 2011

Material curso 2011-12

Ola familias! Retomamos outra vez o noso blogue despois das vacacións do verán.
Esta é a listaxe do material que xa vos facilitei no mes de xuño.
Agradeceríavos que todo o material estea dentro dunha bolsa de plástico, e poñades o nome á bolsa.
Desta maneira axilizaremos a recollida do material. (Por certo, podedes atopar tamén as banquetas pegables das que falamos no bazar chino que hai na rúa Teixugueiras)
Tamén vos aconsello que, paseniñamente, os pícaros/as, vaian retomando o hábito de ir a durmir cedo para adaptarse ao inicio do curso escolar.
Estes dias darei máis información do voso ineres por medio do blogue. Ante calquera dúbida enviarme un e-mail.
Saúdos e benvid@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario