- Que sabias e intelixentes que sodes! Dixo un gran elefante, que maxestoso e impoñente tamén se acercaba ao centro da reunión.
Cun paso forte e pesado fóronse acercando cara elas.
- Prezados animais desta selva. Debemos elixir un agasallo moi especial para o noso Rei Cocolocot e se non pensamos e nos concentramos nunca o lograremos. Así que seriedade e a pensar que remata o tempo.
Veña amigos non vos desanimedes, se nos unimos e pensamos todos xuntos estou seguro que o conseguiremos…
No hay comentarios:
Publicar un comentario