23 mar 2011

AS TARTARUGAS- "O Entroido dos animais" Camile Saint-Saëns

Tras o galope veloz dos asnos salvaxes apareceron as tartarugas, lentas como sempre coa súa casa a costas. Amodiño, amodiño fóronse no centro da reunión.

- Amigos, escoitade- dixo a tartaruga máis vella de todas. Así nunca imos chegar a ningún acordo. Eu xa estou moi maior, teño vivido moitos anos e xamais coñecín a un Rei tan bo como o noso Rei Cocolocot. El se merece o mellor.

- Tes razón avoa- dixo unha pequena tartaruga. O noso Rei é moi bo e merécese un agasallo que sexa moi, moi, moi especial.

- Si filliña si, por iso debemos ser serios e pensar coa cabeza e non estar facendo parvadas e perdendo o temo como ata agora.


No hay comentarios:

Publicar un comentario