23 mar. 2011

ASNOS SALVAXES- "O Entroido dos animais" Camile Saint-Saëns

Paralelamente ao proxecto dos animais seguimos co noso proxecto do
"O Entroido dos animais " de Camile Saint-Saëns

De súpeto os asnos salvaxes puxéronse a galopar. Corrían dun carón a outro mentres os demais animais os miraban atónitos.

Cara aquí, cara alá, cara aquí, cara acolá…

Que veloces eran!- pensaban algúns animais mentres os seguían coa mirada.

E eles seguían sen que nada os detivera.

Cara aquí, cara alá, cara aquí, cara acolá…





No hay comentarios:

Publicar un comentario