23 mar 2011

OS ELEFANTES- Proxecto dos animais

Ola familias! Levamos dias traballando:
"Os Elefantes",
estes simpáticos animais que tanto gusta aos picariñ@s.
Como sempre chegaron cunha manchea de documentación sobre eles: murais feitos polas familias, fotografías, videos, contos, adiviñas, ideas de plástica, peluches...
Mais previamente cando a profe lles preguntou:

"Que sabedes dos elefantes?"


Eles, todo ledos e ledas, mirade que repostaron:

A trompa ten cornos (MATEO)

Os elefantes teñen catro patas (MARA)

Teñen boca (LUCAS)

Gústalles pasear (MARIO)

Teñen ollos (SABELA)

Saen da barriga da súa mamá (CANDELA M)

Viven na selva (MARTÍN G)

Teñen unha trompa que ten auga (MARTÍN A)

Os elefantes poden coa trompa beber e botar auga por fora. (LEYRE)

Son moi grandes (LEIRE)

Teñen unhas patas que son tan fortes que nos poden “machacar” (NEREA P)

Son moi potentes (MATEO)

Teñen unhas orellas (ITZIAR)

Si, si, e son moi grandes (LUCAS)

Tamén teñen un rabiño (LUCÍA)

Si, si…teñen un rabiño (YAIZA)

Camiñan de puntillas (SAMUEL)

Onde andan así? (PROFE)

No circo (SAMUEL)

Teñen pescozo (CANDELA M)

E unha cabeza (ADA)

Hai elefantes pequenos (MARCOS)

A mi me gustaría saber que cousas comen? (MARA)




2 comentarios:

  1. O comentario de Samuel de que os elefantes andan case de puntillas o leímos nunha enciclopedia de animais.Pero o do circo, está sempre na súa cabecita.
    laura.

    ResponderEliminar
  2. Tamén aprenderon no cole unha canción moi bonita do elefante Casimiro.
    Laura.

    ResponderEliminar